![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/94d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0knKLynJz1WyrgUA_/59d65f0936-051017cores-touris-morana-2.jpg)
© Xunta de Galicia
A rehabilitación ao antigo mercado de Moraña, en marcha
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5d9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/59d65efe7e-051017cores-touris-morana-1.jpg)
© Xunta de Galicia
A empresa adxudicataria da rehabilitación do antigo mercado de Moraña traballa xa a pleno rendemento nas obras de reforma do emblemático edificio.
O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, e a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, comprobaron este xoves a evolución dos traballos, nos que a administración autonómica inviste 230.000 euros a través do Plan Hurbe. Tamén participaron na visita o xefe territorial de Medio Ambiente, José Manuel González, así como responsables da empresa adxudicataria.
En concreto as obras consisten na rehabilitación da cuberta do antigo mercado e tamén da súa estrutura, que data da década dos anos 50 e que actualmente se atopaba sen uso.
O proxecto contempla a demolición das dúas cubertas da edificación, tanto do edificio como do patio, e a construción unha nova estrutura que abarca ambos os dous espazos a base de cerchas de madeira serrada, para elevar a estrutura do patio central e introducir luz polos laterais que se xeran coa elevación.
A intención do Concello de Moraña é poder usar este espazo, unha vez reformado, para fins socioculturais "para o que se destinarán zonas para aulas de formación, para locais de asociacións e para a terceira idade e executarase un salón de actos con 200 butacas que dará servizo aos colectivos da localidade", sinalou Cores Tourís.