Marín afronta a limpeza das beiras do río Lameira nos treitos urbanos
Por Redacción
Como todos os anos, o Concello de Marín iniciou a limpeza dos tramos urbanos que atravesa o río Lameira. Operarios dunha empresa contratada polo goberno local acometen estes traballos para evitar que aumente a maleza coa chegada das choivas de outono e evitar desbordamento da auga na canle do río.
Os traballos van iniciarse esta semana e van prolongarse ata que finalice a roza dos tramos da Laxe e do tramo de Coirados a Ponte Zapal.
A vexetación foi crecendo durante os últimos meses nalgunhas zonas e a limpeza será fundamental para que non haxa maleza que obstrúa o paso da auga.