Campelo despachará racións de ameixa a 6,50 euros con arroz e 8,50 á mariñeira
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Festa da Ameixa de Campelo cumpre este sábado tres décadas exaltando as delicias deste molusco da ría.
Como novidades, o arroz con ameixas substitúe ás fabes no menú e estará xunto á ración raíña de ameixas á mariñeira. As racións terán un prezo de 6.50 euros para o arroz e 8,50 no caso das ameixas á mariñeira.
Para as 50 primeiras comandas do sábado e do domingo haberá unha camiseta conmemorativa de agasallo.
O concelleiro de Turismo de Poio, José Luis Martínez, tamén anunciou que o programa da festa inclúe unha tirada de fogos de lucería desde o peirao de Campelo, será o sábado ás 23:30 horas.
A inauguración será o venres ás 19:30 horas, o grupo folclórico Vides Novas dará a benvida á homenaxe a 20 mariscadoras.
O sábado ábrese a carpa gastronómica para degustar a ameixa desde as 12:30 horas. Media hora despois actuará a Escola de Música Tradicional de Poio.
José Luis Martínez estima que se poden superar os 560 quilos que se consumiron o ano pasado. Nesta ocasión o gran operativo de tráfico que se estreou a pasada semana co Festival da Ameixa permite gañar ao redor de 1.000 prazas de aparcadoiro, facilitando o acceso de máis público.
A programación festiva continúa o domingo partir das 11:30 horas cun pasarrúas da Banda de Música de Arcade, para volver abrir a carpa de degustación ao mediodía.
O grupo Los Antonis, ás 20:30 horas e o certame de corais e as Cantareiras de Madia Leva de Meis porán o broche final ás 22:30 horas.
Relacionadas:
-
Unha Festa da Ameixa de récord: preto de 12.000 persoas dánse cita en Campelo
Por Redacción |
-
A Ameixa non ten rival en Campelo
Por Diego Torrado |
-
Astarot e Los Secretos fan saltar o público no preludio da Festa da Ameixa
Por Diego Torrado |
-
Habilitan mil prazas de aparcadoiro en Campelo para os asistentes ao festival e á Festa da Ameixa
Por Oskar Viéitez |
-
Campelo cumpre 30 anos exaltando a ameixa
Por Redacción |