Habilitan mil prazas de aparcadoiro en Campelo para os asistentes ao festival e á Festa da Ameixa
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Poio xa dispuxo un amplo dispositivo con motivo do IV Festival da Ameixa que o venres 8 de setembro atraerá gran afluencia de público ata a actuación de Milladoiro, e o sábado 9 coas actuacións de Los Secretos e Astarot.
Este dispositivo, ademais de contar con preto de 1.000 prazas de aparcadoiro repartidas en tres zonas no Porto de Campelo e en dúas máis nas proximidades do recinto, terá delimitadas as vías de acceso para maior comodidade dos asistentes e haberá tamén rúas restrinxidas ao tráfico para incrementar a seguridade viaria.
Os actos festivos desenvolveranse na Praza da Granxa cuxo acceso estará restrinxido para o tráfico rodado. Os acceder pola Rúa Pai Avelino, Rúa Beiramar, Camiño Campo Loncras e Rúa Pedro Soto Couselo.
Haberá unha zona de aparcadoiro ampla nestas dúas últimas rúas e unha terceira situada no porto de Campelo.
Relacionadas:
-
A Ameixa non ten rival en Campelo
Por Diego Torrado |
-
Campelo despachará racións de ameixa a 6,50 euros con arroz e 8,50 á mariñeira
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Astarot e Los Secretos fan saltar o público no preludio da Festa da Ameixa
Por Diego Torrado |
-
Campelo cumpre 30 anos exaltando a ameixa
Por Redacción |
-
Poio recupera o Festival da Ameixa con Milladoiro, Los Secretos e Astarot
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |