Unha Festa da Ameixa de récord: preto de 12.000 persoas dánse cita en Campelo
Por Redacción
A Festa da Ameixa celebrada durante esta fin de semana en Campelo bateu récords. Segundo a valoración realizada pola Concellaría de Turismo do Concello de Poio, en total pasaron pola carpa de degustación unhas 11.800 persoas, das que un 72% procedían da provincia de Pontevedra, especialmente de localidades como Vigo ou Vilagarcía.
Segundo os datos facilitados polo Concello, a maior afluencia de público rexistrouse tanto o sábado e a mañá do domingo e a maioría dos asistentes foron os propios veciños de Poio. De feito, un 44% dos visitantes pontevedreses foron deste municipio.
A Festa da Ameixa tamén incluía programación durante a fin de semana anterior. En total, durante as dúas fins de semana, achegáronse ata Poio unhas 18.000 persoas, sendo os eventos con máis público o concerto de Los Secretos o sábado 9 de setembro e a carpa de degustación gastronómica durante esta última fin de semana.
A Festa da Ameixa chegou este 2017 á súa 30 edición e o Concello valora que "non podemos estar máis contentos coa gran acollida desta edición da festa, sendo un éxito rotundo en canto ás vendas acadadas e o volume de visitantes rexistrados, converténdose na mellor edición deste evento".
Para esta 30 edición, o Concello de Poio mercou un total de 550 quilos de ameixa babosa ás confrarías da ría de Pontevedra. Rexistrouse un incremento dun 13,50% das vendas con respecto ao ano pasado. Un 61,25% do total de razóns servidas foron ameixas a mariñeira, un 22,50% as preparadas con fideos e un 16,25% correspondeuse co arroz con ameixas, que foi a gran novidade gastronómica deste ano.
Relacionadas:
-
A Festa do Mar, do 22 ao 26 de agosto; a Festa da Ameixa, 15 e 16 de setembro
Por Redacción |
-
Portos de Galicia presentará varias alternativas de pantaláns no porto de Campelo
Por Oskar Viéitez |
-
A Ameixa non ten rival en Campelo
Por Diego Torrado |
-
Campelo despachará racións de ameixa a 6,50 euros con arroz e 8,50 á mariñeira
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |