A Deputación concederá outros 620.000 euros en préstamos sen xuros aos concellos pequenos
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou as bases para a segunda convocatoria dos préstamos sen xuros aos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia correspondentes ao exercicio de 2017, un concurso no que investirá 620.000 euros. Na primeira convocatoria desta caixa de anticipos xa destinaran 1,5 millóns, de maneira que en todo o ano o investimento total será de 2,1 millóns.
A Xunta de Goberno da Deputación deste venres aprobou as bases para a concesión, que será por concorrencia competitiva. Os concellos que queiran beneficiarse desta liña de axudas terán un prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Na primeira convocatoria de 2017, a Deputación concedeu préstamos, na comarca dde Pontevedra, aos concellos de A Lama (124.527,15 euros) e Poio (136.321,55).
Relacionadas:
-
Poio recibe un préstamo sen intereses para reformar a rúa Benigno Esperón
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación concede préstamos sen xuros a Poio e A Lama
Por Redacción |
-
Os concellos de O Grove, Cuntis e Vilanova financiarán diversas obras cos préstamos sen xuros da Deputación
Por Redacción |
-
A Deputación presenta un orzamento de 152 millóns no que "non existe nin un céntimo de libre disposición"
Por Oskar Viéitez |