Animais reais e mitolóxicos, protagonistas da próxima Feira Franca
Por Alejandro Espiño
Bois, vacas, ovellas, é dicir, o bestiario da Idade Media será o protagonista da Feira Franca deste ano, que se celebrará os días 1 e 2 de setembro en Pontevedra. Así o vén de comunicar o Consello Aberto da Feira Franca.
Así, nas rúas de Pontevedra reviviranse os bestiarios reais e mitolóxicos do medievo, aínda que estes animais xa teñen un especial protagonismo na feira, que arranca todos os anos co desfile do viño, recreando a chegada do ribeiro dende Ourense ata Santa Clara, e de aí á praza da Ferrería onde se celebra a Feira Franca.
Haberá animais reais pero tamén os mitolóxicos formarán parte da edición deste ano. As cocas, os dragóns ou os grifóns serán algúns dos animais monstruosos que se poderán ver na Feira Franca, e que envolverán á festa da áurea de mitoloxía propia da época.
A organización recorda que Pontevedra revive nas gárgolas que penduran dos principais edificios eclesiásticos da cidade, como en Santa María, esa mitoloxía de animais, monstros e bestas.
Para esta Feira Franca volverá haber, en todo caso, unha gran participación. Segundo os recontos da oficina da Feira Franca presentáronse 120 solicitudes para instalar un posto nos mercados de artesanía e alimentación, 135 solicitudes da hostalería do ámbito da Feira Franca e 230 solicitudes de xantares e ceas na rúa.
Os datos amosan, segundo a oficina da festa, que a hostalaría se consolida como un actor fundamental da feira e tamén se amosa un relevo xeracional que asegura o futuro da Feira Franca.
Relacionadas:
-
Aquí tes o programa da Feira Franca
Por Redacción |
-
Pendentes do ceo pensando na Feira Franca
Por Redacción |
-
RADIO.- Carme da Silva: "Levar as festas é unha das cousas máis gratificantes que lle pode pasar a unha concelleira"
Por Marisa Ciordia |
-
Queres participar cun posto na Feira Franca? Debes solicitalo antes do 15 de xullo
Por Redacción |
-
O goberno local afirma que esta Feira Franca foi a de maior afluencia de público
Por Redacción |