O goberno local afirma que esta Feira Franca foi a de maior afluencia de público
Por Redacción
A concelleira de Festas, Carme da Silva, considera que a Feira Franca deste ano foi a de maior afluencia de público que se lembra nas dezasete edicións que se celebraron da feira do medioevo.
Destacou o feito de que ante tantos visitantes non se produciu ningún incidente destacable e recoñeceu que o tema da música prestábase moito para a Feira e que moita xente, pola súa conta, montaba grupos que contribuían a crear bo ambiente nas rúas onde se celebraba este evento.
A concelleira tamén destacou que os particulares foron mellorando cos anos a decoración das mesas, tras realizar o desembolso máis importante nas primeiras edicións.
Desde as 06.00 horas deste domingo execútanse os traballos de limpeza por parte da empresa concesionaria do servizo en catro zonas de actuación: Santa María, A Ferrería, Teucro e a Alameda. Participan 52 operarios con camións de recollida, varredoras, sopladoras, lavabeirarrúas, furgóns e camións cisterna, ademais da limpeza a pé.
Durante toda a xornada do sábado, un operativo especial retiraba o lixo das papeleiras en toda a zona de festa e da frota de colectores coa que se reforzou a contorna do centro histórico.
Relacionadas:
-
Animais reais e mitolóxicos, protagonistas da próxima Feira Franca
Por Alejandro Espiño |
-
Queres participar cun posto na Feira Franca? Debes solicitalo antes do 15 de xullo
Por Redacción |
-
Encargan un estudo para coñecer o retorno económico das Festas de Verán e a Feira Franca
Por Alejandro Espiño |
-
A Feira Franca saldouse sen incidencias de consideración
Por Redacción |
-
#HaiFeiraFranca. Galería de fotos (7)
Por Diego Torrado |
-
Pontevedra convértese en Trending Topic de Twitter con #HaiFeiraFranca
Por Redacción |