Marea levará ao pleno da Deputación a petición de transferencia da AP-9
Por Redacción
A Coalición Son na Deputación Provincial, representada polo deputado de Marea Vigo Xosé Lois Jácome, presentará unha moción para o seu debate no próximo pleno pedindo ao goberno provincial que inste ao goberno estatal á transferencia da autoestrada AP-9 á comunidade autónoma.
Esta moción preséntana despois do último veto do Ministerio de Fomento á transferencia da AP-9 a pesares de que había un acordo unánime do Parlamento de Galicia para pedir esta medida.
Jácome defende que a AP-9 é unha vía fundamental para Galicia que vertebra todo o territorio Norte-Sur, cumprindo ademais, un papel importante na dinamización socioeconómica do eixo atlántico.
O deputado levará á Deputación a denuncia que a deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández xa realizou en Madrid sobre o "suculento negocio" que lle supón a Audasa a autoestrada e aportará datos que falan de que a poboación galega deixa nas peaxes 350.000 euros diarios, facendo que o beneficio neto da concesionaria subise un 20% e tendo un resultado positivo de 17 millóns.
Fomento vetou a proposta alegando custos que ascenderían a 4.300 millóns de euros, un argumento que Jácome ve absurdo "se temos en conta que se reclamaba a transferencia de competencias e non o rescate" e dita transferencia será de balde.
Para a Coalición Son resulta totalmente inaceptable que o goberno non asuma democraticamente as solicitudes do Parlamento galego e quere que a Deputación aprobe instar ao Goberno á transferencia da AP-9 a Galicia e pedirlle á Xunta que se dirixa a Fomento para pedirlle que non vete as propias leis da Cámara galega e permita a súa normal tramitación no Congreso.
Relacionadas:
-
Os alcaldes que insulten a Carmela Silva atoparán a súa porta pechada na Deputación
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O BNG cre que o ministro de Fomento "está comprando todos os boletos para que o declaremos persoa non grata"
Por Redacción |
-
O PSOE apela a Ana Pastor para que desbloquee co seu voto o debate da transferencia da AP-9 no Congreso
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O BNG recorrerá ante o Tribunal Constitucional o veto do PP ao traspaso da AP-9
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |