O modelo urbano de Pontevedra, a estudo no Forum Civinet de Valencia
Por Redacción
A rede Civinet, unha iniciativa internacional impulsada pola Unión Europea que traballa no ámbito da mobilidade dos espazos urbanos, puxo os seus ollos no modelo urbano de Pontevedra. Será unha das experiencias que estudarán no marco dun foro que se celebrará os días 18 e 19 de maio en Valencia.
Baixo o lema A cidade para a xente, a cidade do Turia acollerá a oitava edición de este congreso, que reúne expertos de España e Portugal.
Os concelleiros de Mobilidade, Demetrio Gómez, e de Promoción da cidade, Anabel Gulías, participarán no foro amosando o por que de ser un referente internacional en mobilidade e deseño democrático de cidade.
Nesta ocasión o foro versa sobre as políticas de participación cidadá, mobilidade sustentable e reparto do espazo público, unha temática na que Pontevedra ten moito que aportar.
Segundo Demetrio Gómez, "somos un modelo democrático, participado no ámbito urbano e rural tanto na peonalización, como no aspecto final pero tamén porque somos unha cidade na que se fai unha inversión de prioridades, se prioriza o peón sobre os vehículos, se pensa unha cidade para o convivio, sen privilexios, igualitaria".
A participación no VIII Forum Civinet supón tamén unha oportunidade para que Pontevedra se dea a coñecer, xa que o modelo urbano da cidade "tamén é un reclamo turístico", recordou Anabel Gulías.
Relacionadas:
-
Demetrio Gómez explica en Valencia que o modelo urbano pontevedrés "fomenta unha sociedad igualitaria"
Por Redacción |
-
Anabel Gulías defende en Valencia o modelo urbano pontevedrés
Por Oskar Viéitez |
-
O modelo de mobilidade de Pontevedra se universaliza e chegará a Cerponzóns e A Seca
Por Natalia Puga |
-
A relación entre Pontevedra e Tonucci, unha "profunda simbiose"
Por Redacción |
-
Lores, en Puente Genil: "A mellor seguridade viaria son os nenos xogando na rúa"
Por Alejandro Espiño |
-
Toni Puig, o 'gurú das cidades': "Me he enamorado de Pontevedra. Es la mejor ciudad de España para vivir"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |