Pontevedra conta con 30 familias acolledoras
Por Oskar Viéitez
Actualmente Cruz Vermella conta con 30 familias na provincia de Pontevedra, que acolleron xa a 35 menores.
A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia está levando a cabo a través de Cruz Vermella e en colaboración co Ministerio de Sanidade, o Proxecto de Acollemento Familiar desde 1996 en toda a provincia.
ÿ un recurso que ten como obxectivo proporcionar unha alternativa aos menores con idades comprendidas entre os cero e dezaoito anos de idade, cuxas familias atravesan unha situación de crise ou dificultade que lles impide atender correctamente, de forma temporal aos seus fillos.
Deste xeito favorécese o acollemento temporal de nenos e adolescentes nunha contorna que non é a sua, converténdose nunha alternativa de convivencia en familia para os menores que se atopan nunha situación de risco ou desamparo procurando manter, sempre que sexa posible, o contacto co seu fogar de orixe.
Este proxecto é atendido por un equipo técnico que analiza cada posible situación e buscan a familia idónea para cada menor, proporcionando o apoio e a formación necesaria ás familias, e realizando un seguimiento continuo do acollemento en todo momento.
Sempre que é posible, procúrase que esta familia alternativa sexa a formada por outros parentes do neno, como tíos ou avós. ÿ a chamada familia extensa. Se esta opción non é viable, ou non é recomendable para o neno, búscase unha familia allea que poida atender as súas necesidades básicas.
O acollemento non é unha forma de adopción, insisten desde Cruz Vermella
O acollemento non é unha forma de adopción, xa que sempre é temporal e non rompe os vínculos do neno coa súa familia de orixe; ao contrario, a familia acolledora debe colaborar para que se manteñan e se fortalezan as relacións do neno co seu núcleo familiar, favorecendo así o regreso ao seu fogar.
En canto aos acolledores, pode ser calquera persoa, matrimonio ou parella de feito, con ou sen fillos, e de calquera condición social, ideoloxía ou crenzas. Só se require que exista vontade de acoller aceptada por todo o núcleo familiar, capacidade para cubrir as necesidades básicas do neno, estabilidade emocional e capacidade para aceptar as características do neno ou nena así como as da súa familia de orixe.