Vaipolorío apela ao espírito antiempacadora nas súas alegacións ao PXOM de Vilaboa
Por Redacción
A asociación medioambiental Vaipolorio presentou este sábado, 16 de marzo, alegacións ao PXOM do Concello de Vilaboa. A razón alegatoria argumenta a defensa do ecosistema que vertebra o río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos no tramo que o PXOM de Vilaboa ten destinado a Solo Urbanizable de uso Industrial.
Vaipolorio decidiu contratar a Consultora Lagares, porque esta empresa, no ano 1998 redactou os informes que lle solicitou a Coordinadora Antiempacadora, que "ao final levaron a bo porto, tan nobre causa veciñal, que agora, nos quereríamos repetir". O equipo técnico redactor está composto por tres enxeñeiros e unha bióloga.
A memoria descritiva das alegacións vai acompañada de varios informes de doutores, catedráticos e biólogos que destacan a riqueza biolóxica do ecosistema, recomendando a súa conservación. Ademais doutro informe da Universidade de Santiago de Compostela respecto á implantación de parques industriais no río.
Segundo Vaipolorío a propia redacción do PXOM ten "contradicións tan palpables como que se pretende facer solo industrial, entre a protección legal do río e a do Camiño Portugués. Non queda máis espazo que un carreiro dun can".
Engaden ademáis que a futura construción de vivendas poden carecer de licenza municipal, "si o nivel de decibelios producido polas industrias, cumpre certos parámetros. Por moito que o solar do futuro promotor levara alí toda a vida".
Para Vaipolorio queda unha reflexión final "¿Como se puido ter tanta sensibilidade medioambiental no caso da Empacadora, que sepultaron certas opcións políticas?. Agora non van molestar os ruídos. As industrias van ser bolboretas, canto de paxaros e floriñas silvestres ao lado das casas. Co solo industrial vaise acabar o paro", e rematan "Y tú que lo veas".
Relacionadas:
-
Os veciños de Postemirón claman contra o desafiuzamento dunha familia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Vaipolorío propón darlle uso público ao xardín da Delegación de Sanidade
Por Redacción |
-
Vaipolorío localiza 24 puntos de vertedura nos Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío e os herdeiros do muíño de Cabanas denuncian ante o Seprona os efectos das obras do Nó do Pino
Por Redacción |