Vaipolorío propón darlle uso público ao xardín da Delegación de Sanidade
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Asociación Vaipolorío presentou este martes un escrito por rexistro no Concello de Pontevedra con varias propostas de mellora do tramo urbano do río Gafos, unhas ideas que xorden a raíz dunha recente inspección da zona.
Vaipolorío formula por exemplo solicitar un convenio entre Concello e Xunta para a cesión do xardín da Delegación de Sanidade para uso público mediante unha ponte de madeira. Este convenio, segundo reza o escrito, "podería ser unha iniciativa que abrise as portas de particulares que, sen perder o dereito á súa propiedade, permitira a integración paisaxística dos seus inmobles no paseo do río".
Ademais deste punto, Vaipolorío tamén solicita a poda e saneamento de árbores e arbustos que supoñan un perigo para a seguridade dos veciños, a retirada da ponte de formigón que daba acceso antigamente ao centro de menores Avelino Montero e a limpeza de terreos lindantes ao río.