Rematan as obras en San Pedro coa mellora do alumeado
Por Redacción
O Concello de Marín indica que finalizaron as obras de mellora do asfalto en San Pedro. Realizáronse actuacións de mellora da seguridade viaria cun reductor de velocidade e mellorábase o acceso coa ampliación das beirarrúas na contorna do estadio de San Pedro.
A iluminación foi instalado nestes días, quedando esta contorna cunha mellora apreciable e que fora moi solicitada polos veciños dos barrios de San Pedro e da Maestranza.
Instaláronse novos farois cun sistema led que xera unha eficiencia enerxética, que se verá reflectida nunha rebaixa nas facturas de enerxía eléctrica, segundo indica o goberno de María Ramallo.
Desde o Concello indícase que as próximas actuacións centraranse na mellora do acceso ao pavillón da Raña. O orzamento supera os 32.500 euros. Está previsto que se inicie nas próximas semanas.
Tamén se acometerán obras de mellora da contorna da piscina municipal, co obxectivo de garantir o acceso e unha mellor redistribución das zonas verdes e tamén as de aparcadoiro. O proxecto está pendente do inicio de contratación cun orzamento superior aos 142.400 euros.
Relacionadas:
-
Visita á mellora da luz pública exterior na barriada marinense de San Pedro
Por Redacción |
-
A reforma do aparcadoiro do estadio de San Pedro, a un paso de estar rematada
Por Redacción |
-
Acometen o asfaltado da contorna do pavillón da Raña
Por Oskar Viéitez |
-
Rematan as obras de acceso ao campo de fútbol de San Pedro
Por Redacción |