As rúas de Cuntis melloran a súa imaxe para a Festa do Lacón
Por Redacción
A celebración da XX Festa do Lacón con Grelos prevista para o vindeiro 5 de marzo en Cuntis está a notarse xa na localidade. Non só polos carteis anunciadores ou o ambiente que se respira polas rúas, senón porque o Concello está a acometer obras de mantemento do casco antigo e dos paseos do río Gallo.
Segundo informou o Concello, estas actuacións de mellora dos paseos e do entorno urbano céntranse dentro das actuacións marcadas polo goberno local na mellora da imaxe turística do municipio e impulsáronse de cara aos próximos eventos, tanto a Festa do Lacón, declarada de Festa de Interese Turístico de Galicia, como outras previstas para próximas datas.
As obras que se están a acometer na zona do centro de saúde de Cuntis fináncianse con fondos propios, xunto cos traballadores concedidos polo Plan de Emprego de Deputación Provincial de Pontevedra.
Consulta aquí a programación da vixésima edición da Festa do Lacón con Grelos e do Entroido de Cuntis.
Relacionadas:
-
Cuntis, capital do lacón con grelos cunha festa de récord
Por Redacción |
-
Todo preparado en Cuntis para celebrar os vinte anos da Festa do Lacón
Por Redacción |
-
En Marea solicita a Fomento que arranxe a tubaxe na N-640 ao seu paso por Cuntis
Por Redacción |
-
A provincia de Pontevedra gastará máis de 35 millóns de euros nestas Festas do Entroido
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
Cuntis quere contar cunha oficina de turismo permanente
Por Redacción |
-
Cuntis entoa a súa particular oda ao lacón con grelos
Por Redacción |
-
O 'Inverno de Entroido' xa está preparado en Cuntis
Por Redacción |