A San Silvestre apenas complicará o tráfico en Pontevedra
Por Redacción
A celebración, o día de Fin de Ano, da tradicional carreira de San Silvestre provocará pequenas alteracións no tráfico da cidade. Con todo, non será unha proba que provoque importantes restricións, segundo avanza a Policía Local, e nas zonas máis afectadas tan só se limitará o tráfico rodado arredor duns dez minutos.
A carreira comezará ás 17.00 horas do sábado 31 de decembro, con saída e chegada na avenida de Montero Ríos.
Será por un circuíto de 3.940 metros, para homes e mulleres de todas as idades, polas rúas da cidade de Pontevedra. O percorrido estará pechado ao tráfico durante a carreira.
Tras saír de Montero Ríos, os participantes pasarán por Marqués de Riestra, Oliva, García Camba, Andrés Muruais, praza de Galicia, Augusto García Sánchez, praza da Liberdade, Raíña Vitoria, Alameda, Enrique Marescot, Xeneral Martitegui, Concepción Arenal, Pardo Bazán, Arcebispo Malvar, praza do Peirao, Barón e Enfesta de San Telmo.
A continuación irán cara rúa da Ponte, Celso García De La Riega, Valentín García Escudero, Serra, avenida de Bos Aires, Irmáns Sobrino Buhigas, Cruz Vermella, Padre Amoedo, Sarmiento, praza da Verdura, Méndez Núñez, Real, Curros Enríquez, Soportais, Paseo Antonio Odriozola, praza da Peregrina, Michelena, Praza de España e Montero Ríos, onde estará a meta.
Esta proba deportiva non implicará restricións de estacionamentos, se ben os vehículos que se atopen estacionados no percorrido non poderán moverse ata o seu remate.
Os cortes de tráfico serán puntuais, de tal xeito que ao paso da carreira se restablecerá o tráfico. Ademais, ao iniciarse o percorrido polas rúas de máis intensidade (Praza Galicia, Raíña Vitoria e Alameda), se poderá restablecer o tráfico en toda a zona en menos de dez minutos.
A proba ten unha duración aproximada unha hora.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Máis 6.000 atletas participan nunha San Silvestre que se supera un ano máis
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
A avalancha de inscricións nas últimas horas garante unha San Silvestre multitudinaria
Por Redacción |
-
RADIO.- A San Silvestre de Pontevedra estuda introducir cambios en 2017
Por Diego Espiño |
-
Sen apenas cambios pero con diversión garantida na XXXIII San Silvestre de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A XXXIII San Silvestre de Pontevedra empeza a sumar corredores
Por Diego Espiño |
-
A San Silvestre quenta motores con cambios no seu sistema de inscrición
Por Diego Espiño |