Sen apenas cambios pero con diversión garantida na XXXIII San Silvestre de Pontevedra
Por Diego Espiño
A Sociedad Gimnástica presentou este xoves no Concello de Pontevedra a proba deportiva máis popular do ano, a XXXIII San Silvestre que se celebrará o próximo 31 de decembro ás 17:00 horas.
Sen apenas cambios, a organización garante diversión aos participantes, pero pídelles colaboración e que se inscriban "entre outras cosas por seguridad", xa que é habitual que moitos atletas corren sen dorlas "y eso genera descontrol", asegura Juan Romero, vicepresidente da Gimnástica.
Ata o momento xa foron máis de 900 os atletas que recolleron o seu dorsal na Casa da Luz, pero a organización espera que a cifra rolde a da pasada edición (5.844 dorsais retirados e máis de 6.000 deportistas en carreira), polo que se prevé unha avalancha nos últimos días de prazo, que nesta ocasión estará aberto ata o mesmo sábado 31 de decembro.
O horario habilitado para inscribirse, de maneira gratuíta, é de 17:00 a 19:30 horas (de luns a venres) ata o próximo 28 de decembro. O xoves 29 e o venres 30 ampliarase o mesmo, de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas, mentres o sábado 31 o horario será de 10:00 a 13:30 horas.
En canto á propia carreira o circuíto será o habitual, de case 4 quilómetros con saída e chegada desde a Avenida Montero Ríos, que se completarán con actividades como a Zumba, desde as 16:15 horas, ou o concurso de mellor disfrace, ademais da vertente solidaria cunha recollida de alimentos en beneficio do Comedor Social de San Francisco.
Ademais mantense o premio do tradicional lacón ao gañador da categoría absoluta masculina e feminina, na que se perfilan un ano máis como favoritos atletas como Víctor Riobó, 12 veces gañador en Pontevedra, Antonio Serrat, Joselyn Brea ou Leticia Fernández, entre outros. Eles, xunto ao resto de deportistas federados, serán os primeiros na liña de saída, seguidos por esta orde dos atletas populares, os menores de idade, os participantes que corran con cans, os deportistas con mobilidade reducida e os patinadores, que sairán en último lugar.
Con todo para la maior parte dos participantes o máis importante non será a competición, senón despedir o ano pasando un bo intre de deporte e diversión.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Máis 6.000 atletas participan nunha San Silvestre que se supera un ano máis
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
A avalancha de inscricións nas últimas horas garante unha San Silvestre multitudinaria
Por Redacción |
-
RADIO.- A San Silvestre de Pontevedra estuda introducir cambios en 2017
Por Diego Espiño |
-
A San Silvestre apenas complicará o tráfico en Pontevedra
Por Redacción |
-
A XXXIII San Silvestre de Pontevedra empeza a sumar corredores
Por Diego Espiño |
-
A San Silvestre quenta motores con cambios no seu sistema de inscrición
Por Diego Espiño |