A XXXIII San Silvestre de Pontevedra empeza a sumar corredores
Por Diego Espiño
A proba deportiva máis multitudinaria de todas as que se celebran na cidade está xa en marcha. A Sociedad Gimnástica abriu este luns o prazo de inscrición da XXXIII San Silvestre de Pontevedra, que aspira a superar a cifra de preto de 6.000 deportistas que participaron o pasado ano.
Nesta ocasión, as inscricións deben formalizarse exclusivamente na Casa da Luz, o que permite ampliar o prazo ata o mesmo día da carreira, o sábado 31 de decembro.
O horario habilitado pola organización é de 17:00 a 19:30 horas (de luns a venres) ata o próximo 28 de decembro. O xoves 29 e o venres 30 ampliarase o mesmo, de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas, mentres o sábado 31 o horario será de 10:00 a 13:30 horas.
Para anotarse é necesario facilitar nome, apelidos e DNI do atleta, entregándose no momento o dorsal da carreira.
Como novidade, a Gimnástica anunciou o sorteo de 10 camisetas asinadas polo pentacampión mundial de tríatlon, Javier Gómez Noya, no que participarán todos os que adquiran unha camiseta conmemorativa.
Do mesmo xeito que en anos anteriores a inscrición é de balde, aínda que se solicita un donativo dun euro para colaborar nos gastos de organización. A XXXIII San Silvestre celebrarase ás 17:00 horas do día 31 de decembro desde a Avenida Montero Ríos.
Relacionadas:
-
A avalancha de inscricións nas últimas horas garante unha San Silvestre multitudinaria
Por Redacción |
-
RADIO.- A San Silvestre de Pontevedra estuda introducir cambios en 2017
Por Diego Espiño |
-
A San Silvestre apenas complicará o tráfico en Pontevedra
Por Redacción |
-
Sen apenas cambios pero con diversión garantida na XXXIII San Silvestre de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A San Silvestre quenta motores con cambios no seu sistema de inscrición
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra bótase á rúa e converte a San Silvestre nun fenómeno de masas
Por Ramiro Espiño & Cristina Saiz |