VÍDEO.- Máis 6.000 atletas participan nunha San Silvestre que se supera un ano máis
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Volveuno a facer. A San Silvestre de Pontevedra, en edición XXXIII, bateu o seu record de participación confirmándose como un auténtico fenómeno de masas.
Máis de 6.000 persoas decidiron despedir o ano facendo deporte polas rúas dunha cidade que gozou como nunca da súa proba deportiva máis popular. Esa cifra corresponde a todos e cada un dos dorsais habilitados pola Sociedad Gimnástica, que se esgotaron, pero a cifra de corredores foi máis ampla.
Disfraces, diversión e bo ambiente invadiron os preto de 4 quilómetros de percorrido, con saída e final nunha Avenida de Montero Ríos que media hora antes da proba xa estaba ateigada de deportistas, algúns empezando co seu quecemento e outros participando na clase de Zumba habilitada para a ocasión.
Aínda que a maioría participaron sen ningunha ambición competitiva, entre os que si disputaron a carreira destacou o triatleta vigués Antonio Serrat ao desbancar ao rei da San Silvestre pontevedresa, Víctor Riobó (12 vitorias), que se tivo que conformar coa segunda praza na categoría masculina. Tras Serrat e Riobó completou o podio Gustavo Caballero.
Pola súa banda na categoría feminina a gañadora foi Leticia Fernández, seguida en liña de meta por Edymar Brea e Iria Rodríguez.
A San Silvestre resultou ademais, como cada ano, un éxito solidario grazas a recollida de alimentos na que participaron gran parte dos corredores.
Relacionadas:
-
A San Silvestre amplía o seu percorrido nun quilómetro
Por Diego Espiño |
-
As inscricións para a XXXIV San Silvestre de Pontevedra, a partir do día 18
Por Redacción |
-
A avalancha de inscricións nas últimas horas garante unha San Silvestre multitudinaria
Por Redacción |
-
RADIO.- A San Silvestre de Pontevedra estuda introducir cambios en 2017
Por Diego Espiño |
-
A San Silvestre apenas complicará o tráfico en Pontevedra
Por Redacción |
-
Sen apenas cambios pero con diversión garantida na XXXIII San Silvestre de Pontevedra
Por Diego Espiño |