Jaywalking ou como evitar ser multado en Alemaña
Por Paula Virgós
Cando alguén vai vivir a Inglaterra ou Australia sabe de antemán que vai ter que se acostumar a conducir polo lado equivocado -quero dicir polo lado contrario. Ou sexa, pola esquerda. Se temos que conducir en Xapón ou Rusia damos por feito que non imos entender os textos dos carteis (agás os poucos que coñecen o alfabeto cirílico ou os kanji). Pero o que eu non esperaba ao virme a Alemaña é que ía atoparme con regras e sinais de tráfico novos.
Os carteis á entrada das vilas, mostrando os horarios de servizos das distintas igrexas confirma que Alemaña é un país multicultural e tolerante coa variedade de relixións.
Aquí a cor amarela é para a igrexa católica e o violeta para a evanxelista. Estas son as dúas relixións máis estendidas. Non obstante, outras congregacións tamén poden "anunciarse nestes carteis -neste caso trátase dunha igrexa pentecostal."
Cando unha das miñas amigas veu a visitarme, alugou un coche para achegarse a unha cidade veciña nun día en que eu traballaba. Pola noite no camiño de volta perdeuse e chamoume para pedirme enderezos. Estou na rúa "Einbahnstraÿe", díxome. E eu tardei cinco minutos en poder contestarlle do ataque de risa que me deu: "Einbahnstraÿe" significa "rúa de sentido único" e desas en Frankfurt hai moitas. Os carteis que amosan os nomes das rúas tamén son azuis, pero resultan un pouco distintos:
En rúas nas que non hai espazo para un carril bici, os ciclistas teñen que compartir espazo cos condutores e ás veces ata cos peóns. Por iso, habitualmente o sinal de rúa de sentido único encóntrase en combinación cun destes sinais:
Entón o condutor debe esperar encontrarse con bicicletas que circulan pola calzada no sentido contrario e iso aínda que a rúa non sexa especialmente ancha.
O sinal que indica aos ciclistas que poden circular por unha rúa en sentido contrario é esta:
A diferenza de España, aquí non é nada habitual pitar. Tampouco se adoita parar ou aparcar en dobre fila; non obstante está permitido que os coches aparquen enriba da beirarrúa onde encontren un destes sinais:
Outro cartel que me chamou sempre a atención é un que se atopa con frecuencia sobre os semáforos e que reza "só en verde, sexa un exemplo para os nenos"... Cruzar en vermello (jaywalking) está aquí igual de prohibido que no resto do mundo e penado con multas de ata 160 euros (máis custos de tramitación). Pero parece que a idea do cartel funciona, porque aínda que os alemáns tamén cruzan en vermello, a maioría se abstén de facelo se hai nenos preto.
Aínda que un non coñeza estes sinais vistos ata agora, pode dicirse que o seu significado resulta bastante obvio e poden chegar a entenderse sen problemas; pero tamén hai casos que non son tan claros -por exemplo estes sinais que se encontran en autoestradas e estradas sinalando os desvíos recomendados. ÿ unha frecha pero, non parece máis ben un ataúde?
E por último está a sinalización das zonas de baixas emisións, en alemán "Umweltzone": En Europa hai once países que designaron "LEZ" (Low Emmission Zones). Nestas zonas só se pode entrar con vehículos que cumpran con certos requisitos: o nivel de emisión debe ser igual ou inferior ao permitido (Euro 1, 2, 3 ou 4) e o vehiculo debe levar unha plaqueta/adhesivo que identifique o nivel de emisión. Nas entradas das cidades adoita haber un sinal "Umweltzone" e outro coas cores dun semáforo que indica que niveis de emisión están permitidos.
Rexistrar un vehículo para conseguir o adhesivo custa uns 12,50 . A multa por non respectar a zona de baixas emisións é de 40 e un punto no carné de conducir.