Cerdedo-Cotobade amplía a Residencia e Centro de Día para maiores ante a gran demanda de prazas
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade ten previsto ampliar a residencia e o centro de día de Cerdedo, debido a que a actual instalación quedouse pequena e atópase cunha importante lista de espera, debido a que se precisan máis prazas para dar cobertura a persoas de avanzada idade que requiren este servizo.
Para acometer as obras, o Concello xa conta cos terreos necesarios anexos á actual residencia e por tanto xa se pode iniciar o procedemento coa redacción do proxecto. Esta nova residencia triplicará a actual residencia pasando de 17 a 58 prazas e o centro de día acollerá a 50 persoas fronte ás 30 que hai na actualidade.
Este mércores, a sala de comisións de Cerdedo procedeuse á apertura dos sobres de documentación administrativa para comprobar por parte da mesa de contratación a documentación achegada por cada empresa. A próxima semana abriranse sóbrelos de documentación económica para proceder xa á adxudicación destas dúas actuacións.
Durante este mércores tamén se iniciou o proceso administrativo de licitación para a obra de "Duplicación de depósito de augas en Folgoso e Tomonde" pertenenciente ao Plan Concellos 2016. Estas dúas propostas atópanse englobadas no acordo de colaboración establecido entre o Concello de Cerdedo-Cotobade e a Xunta de Galicia pola fusión.