A Xunta licitará este mes o equipamento da residencia de maiores de Cerdedo
Por Redacción
A Xunta licitará este mes o equipamento da residencia de maiores de Cerdedo, en cuxa ampliación investiu máis de 2 millóns de euros.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou este luns este centro que case triplicou o número de prazas, ao pasar de 18 ás 48 actuais.
Fabiola García remarcou que a creación destas novas prazas non só permitirá ampliar o servizo senón melloralo. As antigas instalacións destinaranse integramente a centro de día, no que se manterán as 30 prazas actuais con máis espazo.
O novo edificio no que se situará a residencia contará tamén cunha maior amplitude ao distribuírse en 24 habitacións dobres con baños propios, así como cunha área de administración, unha área de atención especializada e outra de servizos xerais como lavandería ou mantemento.
Relacionadas:
-
Comezan as obras no centro de día do complexo de maiores de Cerdedo
Por Redacción |
-
As obras de ampliación da residencia de Cerdedo estarán rematadas a finais de 2020
Por Redacción |
-
Cerdedo estreará a súa nova residencia de maiores nun prazo de 18 meses
Por Redacción |
-
As obras de ampliación da residencia de Cerdedo comezarán en setembro
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade amplía a Residencia e Centro de Día para maiores ante a gran demanda de prazas
Por Redacción |