O Casal de Ferreirós presume de calidade turística
Por Redacción
A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informou sobre a renovación do distintivo de calidade turística SICTED por parte da oficina de Turismo do Casal de Ferreirós e do Centro Arqueolóxico da Caeira.
O distintivo de calidade turística SICTED é un proxecto de mellora da calidade turística nos destinos, este distintivo acredita e recoñece o esforzo realizado polas empresas participantes que cada ano teñen que superar unha avaliación para conservar a certificación de calidade.
Neste sentido, o Concello de Poio pode presumir de dous establecementos certificados: a Oficina de turismo do Casal de Ferreirós que conta coa certificación de calidade do SICTED dende o ano 2005 e o Centro Arqueolóxico da Caeira certificado dende a súa inauguración no ano 2009.
Neste mes de novembro, ambos establecementos pertencentes ó Concello de Poio, renovaron o seu compromiso coa calidade turística o superar satisfactoriamente a inspección levada a cabo polo SICTED e renovar así a certificación turística acadada durante un ano máis.
Relacionadas:
-
Sanxenxo entrega os seus premios á "Calidade Turistica"
Por Oskar Viéitez |
-
A campaña da Deputación do certificado de calidade turística Sicted acada un centenar de novas adhesións
Por Oskar Viéitez |
-
Especialistas españois participarán nun simposio en Poio sobre as orixes do turismo
Por Redacción |