Mosquera tilda de solución estraña unha iniciativa parlamentaria do PP
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Urbanismo no Concello de Pontevedra, César Mosquera, respondeu hoxe á proposta do Partido Popular de recorrer ao Parlamento para instar ao goberno de Miguel Anxo Fernández Lores a retomar o PXOM.
"Cando algo non ten ningunha sustancia e se queren buscar solucións estrañas pódese meter as persoas en compromisos raros", indicou Mosquera ao recordar que o diputado do PP que fará a pregunta na Cámara galega é Román Rodríguez, que é o concelleiro responsable de urbanismo en Lalín e que "no ano 2007 meteu a documentación do seu Plan Xeral nun caixón e dixo que non seguía con el", unha decisión que no concello capitalino adoptouse catro anos máis tarde.
Por este motivo Mosquera recomendou ao deputado popular que antes de preguntar no Parlamento polo Plan xeral de Pontevedra que dea explicacións do que el fixo en Lalín.
En todo caso César Mosquera recordou que hai tres razóns fundamentais polas que o goberno pontevedrés ten paralizado o PXOM, e recordou: a catalogación dos terreos de Ence "ata que quede claro que é zona verde, non hai acordo", o tope de edificabilidade e o hospital de Monte Carrasco.
"Son tres escollos insalvables", insistiu Mosquera.