Tonucci revisa os Camiños Escolares e suxire algúns cambios na iniciativa
Unha das últimas citas que tiñan en Pontevedra Francesco Tonucci e os membros da delegación italiana da rexión de Lazio era comprobar o éxito que alcanzaron os Camiños Escolares, os itinerarios seguros polos que os nenos vai camiñando sós ao colexio a diario. E para iso, a cita foi en Monte Porreiro.
Antes de que os nenos chegasen a clase, o pedagogo italiano e os seus compatriotas analizaron o proxecto na contorna do CEIP Marcos da Portela, onde os monitores que vixían a seguridade dos menores, especialmente nos cruces e pasos de peóns, son voluntarios e forman parte da comunidade escolar ou son veciños e comerciantes do propio barrio.
"Estamos coa boca aberta polas cousas que vimos e polo que nos explicaron", afirmou unha das concelleiras transalpinas que integraba esta comitiva. "Os nenos que vimos camiñando chegaban máis felices que os que chegaban en coche", engadiu.
Para trasladar esta iniciativa a Italia, recoñeceu que "levará tempo convencer aos pais", pero entende que "será bo para o seu desenvolvemento" e para a cohesión de todos os habitantes da súa cidade.
Este intercambio foi "moi satisfactorio", sinalou a concelleira Carme da Silva, que acompañou á comitiva italiana, porque ademais serviu para que o propio Tonucci puidese suxerir o "impulso" que habería que darlle ao proxecto para que "non sexa estático".
Entre outras, tendo en conta de que a iniciativa busca a "autonomía" dos nenos, "xa nos trasladou que inicialmente si, pero co tempo non debería haber monitores nos cruces, porque temos que deixar de tutelar aos rapaces". Co formato actual, a pesar da cidade é "segura", a edil do BNG recoñeceu que os nenos "seguen vixiados".
As conclusións desta consulta analizaranse ao longo dos próximos días e servirán para "reformular" os camiños escolares, segundo a responsable de Seguridade Cidadá, para "darlle un novo impulso" e poder "subir chanzos" na autonomía dos nenos pontevedreses.
A partir de aí presentarase á comunidade escolar de todos os centros que participan neste proxecto, pero tamén a veciños e comerciantes porque son unha "peza fundamental" porque o Concello quere que a cidade no seu conxunto "coide dous nenos".
Relacionadas:
-
O Concello "fala" italiano e alemán a través de estudantes de intercambio
-
A Deputación anuncia a convocatoria do "Plan Camiña á escola"
Por Redacción |
-
Pontevedra converterase na "Provincia Tonucci"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Pazo da Cultura acollerá a exposición 'Imaxinar a educación. 50 anos con Frato'
Por Oskar Viéitez |
-
O programa Camiños Escolares pega un salto para abandonar o seu "estancamento"
Por Oskar Viéitez |
-
Tonucci: "Os nenos son peóns e nada máis. Se a cidade non é axeitada para os peóns, resultan excluídos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello "redefinirá" o proxecto dos Camiños Escolares
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello recibe a Tonucci á fronte dunha delegación italiana
Por Redacción |