O Concello "fala" italiano e alemán a través de estudantes de intercambio
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f25/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/643e8cb0cb-20230418-garcia-recepcion-alumnos-italianos-0238.jpg)
© Juan Manuel García
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/39f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/643e8ccda0-20230418-patxot-recepcion-alumnos-italianos-0243.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/618/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/643e8ccd51-20230418-patxot-recepcion-alumnos-italianos-0242.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/eab/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/643e8cafe5-20230418-garcia-recepcion-alumnos-italianos-0235.jpg)
© Juan Manuel García
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu o alumnado do CEIP Froebel e o alumnado de intercambio de Catania, Sicilia, que pasa uns días na cidade.
Este intercambio leva realizándose desde hai 21 anos e ten unha duración dunha semana. Durante este tempo o estudantado italiano realizará unha visita por Santiago, pola Coruña e tamén actividades por Pontevedra, afirma un dos profesores.
Lores deulle a benvida ao alumnado italiano na visita que fixeron ao Concello e interactuou con eles coa axuda dun dos alumnos do Froebel, que foi realizando a tradución ao italiano do que expoñía o alcalde. Ademais, o rexedor agasallou o profesorado italiano coa tradución ao galego do libro 'A Cittá Dei Bambini' de Francesco Tonucci.
"Temos unha relación moi grande con Tonucci, que visitou a cidade varias veces e é un prescriptor de Pontevedra", aclaraba Lores.
O alcalde explicoulles curiosidades de Pontevedra e de como está a avanzar. Defínea como "un espazo público a disposición de todo o mundo, accesible, con moitísimas actividades".
A parte de que conta con "moitos premios internacionais: de accesibilidade, de saúde pública, de seguridade viaria. Unha cidadade onde hai xa 12 anos que ninguén morre por atropelo", explicou.
Comparouse Pontevedra con Catania para tratar o tema da gastronomía galega, Lores comentou que a auga está máis fría en Galicia, pero grazas a isto "temos uns produtos di mare excelentes".
Unha vez finaliza a explicación sobre Pontevedra, Fernández Lores convidaba os estudantes a que vexan o que teñen dentro dunha bolsa, situada sobre cada mesa. No seu interior había unha revista con imaxes de como foi Pontevedra e como está actualmente.
Neste momento, o alcalde indicou "por se algúns os dedicades o día de mañá á política municipal que saibades o que se pode facer nunha cidade pensada para as persoas, hai que reducir o uso das máquinas que contaminan".
Tal e como veu o alumnado de Sicilia, irá o alumnado de Pontevedra a Sicilia. Un dos profesores do centro educativo pontevedrés sinalaba que "a pesar de tres anos de pandemia que xa non tiñamos esperanza de retomar o intercambio, volvemos novamente. Unha historia de tantos anos que demostra que hai uns lazos moi fortes entre ambas escolas".
Durante a mañá, o alcalde no Concello tamén recibía o alumnado do IES Sánchez Cantón coa presenza de estudiantes de intercambio procedentes de Alemaña, que tamén están a visitar a cidade durante estes días de abril.
Encontro do alcalde de Pontevedra con alumnado internacional
O alcalde de Pontevedra recibe ao alumnado internacional de Italia e Alemaña.
© Juan Manuel García / Mónica Patxot