A Deputación anuncia a convocatoria do "Plan Camiña á escola"
Por Redacción
O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez anunciou a convocatoria do "Plan Camiña á escola" nun dos grupos de traballo no que participou este xoves, no marco do III Encontro de Cidades dos nenos e das nenas que está tendo lugar en Huesca.
O Plan estará destinado á creación de espazos seguros na contorna de centros escolares situados nas inmediacións das estradas provinciais.
"Nas vindeiras semanas faremos pública unha nova convocatoria para que os concellos da provincia poidan seguir avanzando en materia de seguridade en contornas escolares", indicou o deputado nacionalista.
Este Plan virá a complementar outras accións en materia de seguridade e mobilidade sustentable que xa se puxeron en marcha durante os últimos anos desde o goberno provincial, como son o Plan Móvese e os Plans de Mobilidade sustentable.
Uxío Benítez avanzou que o vindeiro 11 de abril terá lugar unha xornada específica na Deputación de Pontevedra para dar a coñecer os detalles do "Plan Camiña á escola".
Relacionadas:
-
O Plan Móvese 2 permitirá ampliar ata 3.000 o número de lombos nas estradas da provincia
Por Redacción |
-
A filosofía dos Camiños Escolares chega ao entorno de tres novos colexios do rural
Por Natalia Puga |
-
O programa Camiños Escolares pega un salto para abandonar o seu "estancamento"
Por Oskar Viéitez |
-
Tonucci revisa os Camiños Escolares e suxire algúns cambios na iniciativa
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |