O Plan Concellos chega ao 95% de execución con preto de 38 millóns investidos
Por Redacción
O grao de execución do Plan Concellos 2016 sitúase hoxe ao 95% tendo en conta as súas catro liñas de actuación (1 de investimentos; 2 de gastos correntes, amortización e pagamento de débedas; 3 de actividades deportivas, culturais, musicais e medioambientais e 4 de plan de emprego).
Isto supón que, na actualidade, 37,9 millóns de euros da Deputación de Pontevedra xa están investidos nos concellos a través deste plan provincial de cooperación coas vilas.
Dentro das políticas de apoio aos concellos dende a institución provincial, aos 40 millóns de euros do Plan Concellos 2016 lles hai que sumar todas as axudas dos distintos servizos provinciais coma servizos sociais, deportes, xuventude ou cultura, entre outros.
Deste xeito, sitúase por enriba dos 60 millóns de euros a cifra total de investimentos este ano nos concellos da provincia.
Relacionadas:
-
Cuntis completa o Plan Concellos con 50.000 euros para obras e recibe un novo préstamo
Por Redacción |
-
A Deputación achega más de 200.000 euros a Sanxenxo
Por Redacción |
-
O PP pide que a Deputación aumente en 20 millóns de euros os fondos que destina aos concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Vilaboa investirá 26.375 euros do Plan Concellos na reparación da pista polideportiva de Riomaior
Por Redacción |