Vilaboa investirá 26.375 euros do Plan Concellos na reparación da pista polideportiva de Riomaior
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución presidencial, un investimento en Vilaboa de 26.375,28 euros para á reparación da pista polideportiva de Riomaior ao abeiro da liña 1 (investimentos) do Plan Concellos 2016.
Esta contía súmase ás entregadas anteriormente pola institución provincial.
Ata o momento a corporación xa concedeu 180.771,10 euros na liña 1 para a adquisición un vehículo lixeiro para obras e servizos, a ampliación da rede de saneamento de Curra e a escalinata do cemiterio de San Adrián, a ampliación e mellora da rede de saneamento en Santadrán, a conservación e mellora de viarios municipais e a construción dun muro de contención en Alcouce e doutro muro de contención máis un reasfaltado de pista en Pousada.
Ademais 66.153,33 euros, na liña 2, correspondentes ao pagamento de acreedores de gasto corrente. Ademais á liña 3, cun total de 16.648,23 euros, pertencen as axudas destinadas ao magosto do concello, a Festa dos Reis, o Entroido de Cobres, o Trofeo de Fútbol da vila e a Mostra do Viño 2016. En último lugar, 98.312 euros para a contratación de 20 traballadores, que se enmarcan dentro da liña 4, emprego, do programa.
No que levamos de 2016 a deputación provincial xa investiu 388.630,94 euros en Vilaboa ao abeiro do Plan Concellos 2016, o que supón xa a entrega dun 58,56% do total do mesmo.