A Deputación achega más de 200.000 euros a Sanxenxo para saneamento, abastecemento e pavimentación
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar este venres dúas achegas para o concello de Sanxenxo, por un total de 207.061,93 euros.
Unha contía de 117.013,56 euros destinarase para a pavimentación de viais en varios lugares do termo municipal, mentres que outra de 90.048,37 euros será para a instalación de redes de saneamento de augas residuais e abastecemento en varios lugares do municipio.
Estas axudas súmanse a outras xa outorgadas dentro do Plan Concellos. En concreto, 422.012,44 euros para o parque canino de Baltar, a ampliación da Casa da Cultura de Adina, a reparación da instalación do alumeado público na rúa Progreso e o lugar de Forxán, o subministro de material e maquinaria para os parques e xardíns municipais, o acondicionamento da parcela municipal de equipamento público PEI-3, a subministración de elementos biosaudables para o parque público Xuncabranca, a adquisición dun sistema de control para a presenza de empregados, a realización de obras de mellora no alumeado público en Arnosa (Vilalonga), o subministro de varios materiais e equipamentos (paneis informativos para as praias con bandeiras azuis, un sistema de detección de drogas en condutores e oito chalecos antibalas para a Policía Local e para dotar a Escola de Música Municipal dun piano de cola), a prolongación da rede de abastecemento de auga en varios lugares e a instalación dunha rede de saneamento de augas residuais e pluviais na contorna da piscina municipal.
O Plan Concellos tamén destinou 150.605,31 euros á amortización dun préstamo, e 4.819,15 euros para a realización de dípticos e unha campaña informativa do valor ecolóxico das praias e para a campaña Bandeira Azul 2016. Por último, Sanxenxo beneficiouse de 250.484,33 euros para a contratación de 30 persoas, dentro da liña 4 de promoción do emprego.
No que levamos de 2016, o Plan Concellos xa se executou nun 89,8% en Sanxenxo, situando neste momento o investimento total na vila en 1.034.983,16 euros.
Relacionadas:
-
Solicitan un parque canino en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo contará en maio cun avance do informe de titularidade de todos os viais do municipio
Por Redacción |
-
O Plan Concellos chega ao 95% de execución con preto de 38 millóns investidos
Por Redacción |
-
Baltar contará cun parque canino
Por Redacción |
-
Gozar dunha praia con Bandeira Azul non é de balde
Por Redacción |