Os socialistas levan ao pleno da Deputación a "desfachatez de las cacicadas del PP"
Por Oskar Viéitez
O grupo provincial do Partido Socialista presentou dúas mocións para o seu debate no pleno da Deputación previsto para o vindeiro venres día 16 de setembro, que atenden "al compromiso de este grupo con los alcaldes discriminados por la Xunta".
Segundo explicou o deputado Carlos López Font estas dúas mocións teñen un elemento común: a crítica á "política clientelar y el favoritismo del Partido Popular", xa que "favorece a aquellos concellos que tienen alcalde de su mismo color político".
En concreto, o PSdeG propón que desde a Deputación se inste á Xunta para que elabore un Plan Estratéxico de Infraestruturas "con criterios objetivos y transparentes".
Igualmente, na segunda moción, se relama á Xunta que modifique o Plan de Emerxencias da Consellería do Medio Rural para que inclúa a todos os concellos da provincia que acreditaron danos polos temporais do pasado inverno.
López Font denunciou que "sin ningún tipo de convocatoria pública, sin ninguna transparencia y en plena precampaña electoral la Xunta decide dedicar ayudas para reparar caminos dañados por las lluvias de invierno".
Neste sentido, López Font lembrou que foron un total de 33 concellos da provincia os que no mes de marzo presentaron, o través da Federación Galega de Municipios (Fegamp), reclamacións por danos dos temporais por valor de máis de 4,5 millóns de euros, aínda que finalmente só recibiron financiamento catorce concellos "todos gobernados por el Partido Popular y tres de ellos que ni siquiera habían solicitado las ayudas", subliñou o portavoz socialista.
Relacionadas:
-
Goberno e oposición miden as súas forzas no Pleno da Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ponte Caldelas leva a Bruxelas o seu malestar coa Xunta polas axudas por temporais
Por Redacción |
-
A Xunta concede axudas a cinco municipios da comarca afectados polos temporais do inverno
Por Redacción |