En Sanxenxo os turistas mollan o pan na sardiñada popular
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O porto deportivo de Sanxenxo encheuse de visitantes durante este xoves 25 para participar na "sardiñada popular" que se iniciaba tras o chupinazo realizado polo alcalde da vila, Gonzalo Pita, desde o balcón do concello.
Desta forma iniciábanse as festas que se prolongarán ata o 5 de setembro. Na primeira xornada celebrábase o Día do Turista e repartíronse oitocentos quilos de sardiñas, acompañadas por viño e pan, na praza dos Barcos.
Os actos deste primeiro día concluían coa procesión en honra a San Xenxo, o concerto do trompetista Rubén Simeó acompañado pola Banda de Música local e a verbena na praza Pascual Veiga.
Día do Turista en Sanxenxo 2016
© Concello de Sanxenxo