A creatividade máis sorprendente asiste á Feira da Cebola en Sanxenxo
Por Redacción
Sanxenxo conmemora este domingo o día da patroa Santa Rosalía con diversos actos e unha nova edición da Feira da Cebola que cumpre xa 34 anos. Unha vez máis se deron cita creadores que con esta planta elaboran auténticas figuras artísticas do mesmo xeito que cebolas cun elevado peso e ristas de gran lonxitude.
Nesta ocasión incrementáronse as contías dos premios por parte do goberno local de Sanxenxo. Un total de 1.700 euros destinados a premiar o cultivo de cebolas na vila.
Nesta edición tamén se entregaron as clásicas Cebolas de Ouro e homenaxeouse ao exfuncionario municipal Victoriano Andrés Otero e tamén a Alejandro Izuzquiza Ibáñez de Aldecoa, que cumpre tres décadas veraneando incondicionalmente en Sanxenxo.
A Virxe do Carme será a protagonista das celebracións do luns en Sanxenxo, cun inicio de festas ás 10 horas amenizado por pasarrúas e alboradas a cargo de 'Os Gatiños' de Portonovo e a Banda de Música de Sanxenxo. A partir das 13 horas celebrarase o concerto da Banda de Música de Sanxenxo na Praza de Pascual Veiga, que volverá actuar durante a noite na mesma praza.
Relacionadas:
-
Victoriano Otero recibirá o recoñecemento como documentalista nas 'XIII Xornadas de Sanxenxo na Historia'
Por Redacción |
-
Escuma refrescante baixo o calor de Sanxenxo
Por Redacción |
-
En Sanxenxo os turistas mollan o pan na sardiñada popular
Por Redacción |
-
O espírito festivo invade as rúas de Sanxenxo
Por Redacción |