Escuma refrescante baixo o calor de Sanxenxo
Por Redacción
Os nenos seguen sendo protagonistas das festas de Sanxenxo. Durante este venres participaron dunha gimkana de xogos na que participaron por equipos con actividades expostas por monitoras con propostas relacionadas coas Bandeiras Azuis.
Durante a tarde, os escolares saltaron nos inchables, que foron utilizados polos máis pequenos durante dúas horas de forma gratuíta. A partir das 19 horas, coa colaboración do persoal do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo desenvolveuse a festa da escuma.
Mozos de diferentes idades participaron desta festa e refrescáronse coa escuma da calor desta tarde de setembro.
Relacionadas:
-
A creatividade máis sorprendente asiste á Feira da Cebola en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Os xogos tradicionais deixan paso a unha xornada con múltiples actividades para nenos
Por Redacción |
-
En Sanxenxo os turistas mollan o pan na sardiñada popular
Por Redacción |
-
O espírito festivo invade as rúas de Sanxenxo
Por Redacción |