O PP de Ponte Caldelas acusa o alcalde de mentir cando anunciou a reapertura do tanatorio
Por Redacción
O PP de Ponte Caldelas acusa o alcalde de mentir e enganar aos veciños cando anunciou a reapertura do tanatorio. A día de hoxe esta instalación permanece pechada desde novembro de 2013 por un conflito entre as empresas propietarias, obrigando aos veciños de Ponte Caldelas a desprazarse a localidades veciñas para velar aos seus seres queridos.
Os populares lembran que se cumpriron nove meses despois de que Andrés Díaz "fose facer unha foto á porta do tanatorio anunciando a súa reapertura e despois da foto todo segue igual", afirmou o portavoz popular. Ricardo Castro.
O Partido Popular apuntou que o socialista Andrés Díaz cando estaba na oposición afirmaba que a culpa de que o tanatorio permanecese pechado era do anterior goberno local e que se el fose alcalde expropiaría o tanatorio ou construiría un municipal. "Agora debería cumprir as súas promesas ou recoñecer que mentía aos veciños sabendo de que non se podía facer xa que é unha cuestión cento por cento privada entre dúas empresas", esixiu Ricardo Castro.
O anterior goberno local púxose en comunicación en varias ocasións coas empresas propietarias, recibindo sempre unha resposta negativa e "era unha cuestión privada".
Por este motivo Ricardo Castro declarou que "a realidade é que este alcalde non pode obrigar ás empresas propietarias a abrir o tanatorio, do mesmo xeito que tampouco podía o anterior goberno local".
Relacionadas:
-
Comezan as obras do tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Tres empresas funerarias, interesadas en explotar o servizo de tanatorio en Ponte Caldelas
Por |
-
Alianza y Barros asumirá a reparación do tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello de Ponte Caldelas sancionará con multas de 10.000 euros cada tres meses ás empresas do tanatorio
Por Redacción |
-
Acordo para a reapertura do tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Unha empresa funeraria estuda construír un tanatorio no ámbito da zona urbana de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O PSOE de Ponte Caldelas sinala ao alcalde como "máximo responsable de que os veciños non teñan onde velar os seus defuntos"
Por Redacción |