Tres empresas funerarias, interesadas en explotar o servizo de tanatorio en Ponte Caldelas
Por
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, afirma que recibiu a chamada de tres empresas funerarias con interese en explotar o servizo de tanatorio no municipio.
Segundo afirma o rexedor, este interese vén propiciado, tras o peche da actual instalación en novembro de 2013, pola decisión do goberno local de anunciar publicamente a imposición de multas coercitivas contra os propietarios da instalación por incumprimento da legalidade urbanística.
O papel do Concello, segundo apuntan as tres forzas do goberno local, será tramitar as solicitudes dos proxectos que poidan chegar a presentarse, tanto para a construción dun novo edificio como para a reparación da cuberta do actual.
O alcalde alerta de que se trata dunha actividade privada nun sector liberalizado pero o Concello conta con competencias urbanísticas e, segundo Díaz, exerceraas ata as últimas consecuencias "aínda que ás empresas afectadas non lles guste".
O máximo responsable do Concello de Ponte Caldelas apunta que o expediente sancionador atópase na recta final e impoñeranse multas trimestrais de 10.000 euros ata chegar ao 75% do valor da edificación. Desde o goberno local afirman que apoiarán todas as iniciativas que beneficien aos veciños, xa sexa para reabrir o tanatorio ou para instalar un novo.
Relacionadas:
-
O tanatorio de Ponte Caldelas dispón dun prazo dun ano para a súa reapertura
Por María López Verdial |
-
Comezan as obras do tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Alianza y Barros asumirá a reparación do tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello de Ponte Caldelas sancionará con multas de 10.000 euros cada tres meses ás empresas do tanatorio
Por Redacción |
-
O PP de Ponte Caldelas acusa o alcalde de mentir cando anunciou a reapertura do tanatorio
Por Redacción |