A corporación cotobadesa aproba o convenio con Augas de Galicia para o saneamento de Tenorio
Por Redacción
O pleno da corporación municipal de Cotobade aprobou este martes, nunha sesión extraordinaria, o convenio con Augas de Galicia para a construción do servizo de alcantarillado e saneamento na parroquia de Tenorio por un importe máximo de 1,85 millóns de euros.
O documento foi aprobado por unanimidade, contando con respaldo do goberno local e do grupo municipal do PSOE, e tamén se concedeu autorización para que o alcalde, Jorge Cubela, asine este acordo en vindeiras semanas coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato.
A actuación, que está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural Galicia 2014-2020, vaise desenvolver en dúas anualidades, xa que está previsto que comece no presente exercicio e que conclúa en 2017.
A obra inclúe a construción e posta en servizo da rede de saneamento por parte de Augas de Galicia, mentres que o Concello de Cotobade asume a fase de información pública e a súa publicación, a conformidade co proxecto redactado, a posta a disposición dos terreos, as xestións para a consecución dos permisos e a recepción das obras para a súa explotación, mantemento e conservación.
A construción da rede de alcantarillado de Tenorio é a principal actuación do Concello de Cotobade en materia de saneamento, tanto polo volume económico como pola cifra de beneficiarios, xa que estímase que achegará o servizo a gran parte dos 1.168 veciños desta parroquia.