Cotobade e Augas de Galicia ultiman o convenio para o saneamento de Tenorio
Por Redacción
Un total de 1,85 millóns de euros. É o importe máximo que se recollerá no convenio entre o Concello de Cotobade e Augas de Galicia para a construción do servizo de sumidoiros e saneamento na parroquia de Tenorio.
O documento debe ser aprobado polo pleno, polo que o alcalde, Jorge Cubela, convocou unha sesión extraordinaria para o vindeiro martes 28 de xuño, na que se debaterá e se aprobará o convenio. Posteriormente, remitirase a Augas de Galicia para proceder á sinatura do mesmo por parte da conselleira Beatriz Mato e o rexedor local.
A actuación, que está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feder) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural Galicia 2014-2020, vaise desenvolver en dúas anualidades, xa que está previsto que comece no presente exercicio e que conclúa en 2017.
A obra inclúe a construción e posta en servizo da rede de saneamento por parte de Augas de Galicia, mentres que o Concello de Cotobade asume a fase de información pública e a súa publicación, a conformidade co proxecto redactado, a posta a disposición dos terreos, as xestións para a consecución dos permisos e a recepción das obras para a súa explotación, mantemento e conservación.
Pola súa banda, Augas de Galicia ten reservada unha partida máxima de 1,85 millóns de euros para a realización desta obra, cunha distribución económica en dúas anualidades que conta con 185.000 euros no presente exercicio e 1.665.000 euros en 2017.
O financiamento asumirase, de xeito trilateral, polos citados fondos europeos, Augas de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
A construción da rede de sumidoiros de Tenorio é a principal actuación do Concello de Cotobade en materia de saneamento, tanto polo volume económico como pola cifra de beneficiarios, xa que se estima que achegará o servizo a gran parte dos 1.168 veciños desta parroquia.
Relacionadas:
-
Buscan a colaboración dos veciños para que cedan terreos para o saneamento de Tenorio
Por Redacción |
-
A Xunta e o Concello de Cotobade asinan o convenio para mellorar o saneamento de Tenorio
Por Redacción |
-
A corporación cotobadesa aproba o convenio con Augas de Galicia para o saneamento de Tenorio
Por Redacción |
-
Educación investirá 140.000 euros en melloras nos colexios públicos de Carballedo e Tenorio
Por Redacción |
-
Cotobade está a ser "moi ben tratada pola Xunta"
Por Redacción |
-
Fomento redactará un proxecto para crear unha senda peonil entre Calvelo e Tenorio
Por Redacción |