San Xoan de récord en Vilagarcía con máis de 200 cachadas
Por Redacción
O Concello de Vilagarcía autoriza este ano un total de 198 solicitudes para a realización de cachadas as noites de San Xoán e San Pedro, aínda que o número de fogueiras é máis elevado posto que en moitas solicitudes pídese permiso para as dúas datas. Ademais, tamén se autoriza a distintos establecementos hostaleiros a realizar sardiñadas na vía pública coincidindo con estas dúas celebracións.
Todas as fogueiras deben cumprir as normas de seguridade recollidas no devandito bando
O prazo de presentación das solicitudes rematou o 16 de xuño e a lista completa publicarase o día 23, na páxina web e no taboleiro de anuncio do Concello, tal como se recolle no bando publicado hai semanas.
O número de solicitudes presentadas foi máis elevado que as finalmente autorizadas, xa que houbo quen as cursou fora do prazo establecido e, polo tanto, non obteñen o correspondente permiso.
As solicitudes realizadas por particulares e colectivos autorizadas ascende a 171 e distribúense por todas as parroquias do municipio, tanto rurais como urbanas. No que ás praias se refire, obteñen permiso 27 solicitudes de fogueiras a emprazas principalmente nos areais da Concha-Compostela, aínda que tamén hai unha para a praia de Bamio e outra para a de Canelas.