O PP considera unha "memez" pedirlle a Telmo Martín que dimita
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular en Sanxenxo, cualificou de "memez" a petición do goberno local para que Telmo Martín "renuncie á súa acta de concelleiro e abandone a política local de forma definitiva".
O Concello de Sanxenxo acaba de ser condenado pola Seccion Terceira do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a abonar aos irmáns Rocafort tres millóns de euros, máis os intereses, en concepto de expropiación.
O goberno tripartito responsabiliza desta sentenza a Telmo Martín xa que considera que "é unha consecuencia directa da xestión urbanística que aplicou en Sanxenxo".
Para o populares esta afirmación "é unha memez propia dun goberno desesperado" que "se dedica a facer oposición á oposición".
Nun comunicado o PP apunta que non é responsable "nin da inestabilidade, nin da falta de eficacia do tripartito".
Ademais o PP de Sanxenxo lamenta a "utilización partidista dunha sentenza polo tripartito", e aseguran que están "dispostos a colaborar para buscar unha solución a esta cuestión" mesmo suxiren ao goberno local "que delegue no PP a responsabilidade de xestionar unha solución que evite pagar os 3 millóns de euros".
Relacionadas:
-
Por que o tripartito de Sanxenxo agradece a Telmo Martín a súa valentía?
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín propón facer un aparcadoiro soterrado "sen que custe un euro aos veciños" na finca dos Irmáns Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
O tripartito estuda medidas legais contra Telmo Martín pola sentenza da finca Rocafort
Por Redacción |
-
Telmo Martín ofrece unicamente a SAL un pacto de goberno en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Culpan a Telmo Martín do "encarecemento brutal" do valor da leira dos Irmáns Rocafort
Por Redacción |
-
Sanxenxo chega ata o Tribunal Supremo para evitar pagar tres millóns á familia Rocafort por unha leira
Por Redacción |