Culpan a Telmo Martín do "encarecemento brutal" do valor da leira dos Irmáns Rocafort
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo asegura quedar "atónito" ao comprobar o "descaro co que Telmo Martín trata de esquivar a súa total responsabilidade política" no expediente de expropiación da leira dos Irmáns Rocafort.
Segundo lembra o goberno tripartito nun comunicado de prensa, a responsabilidade de Telmo Martín neste tema é "absoluta", xa que a "esaxerada valoración" da parcela en cuestión, de 1.796 metros cadrados, débese "unicamente" á decisión de vinculala ao desenvolvemento urbanístico do Chan Urbanizable 20, en Canelas. "É este feito o que dá á leira un valor engadido construtivo que non tivo en ningún momento", sinalan.
"Era ese momento, o da aprobación do PXOM, o que permitía ao goberno de entón adquirir a parcela de forma directa, ben pola vía da compra ou ben polo da expropiación, como se reflectía nas Normas Subsidiarias. Unha opción que en ningún momento barallou o goberno do PP instaurado en Sanxenxo durante os últimos 16 anos e que renunciou a establecer negociación algunha, posibilidade que se extingue co pronunciamiento do Xurado de Expropiación".
A operación urbanística iniciada por Telmo Martín, coa firma do convenio no ano 2004, levou un "encarecemento brutal" do valor da leira, "só explicable ao estar vinculado a un Chan Urbanizable", din desde o goberno local.
Relacionadas:
-
Condenan ao Concello de Sanxenxo a pagar máis de 7 millóns de euros por unha finca aos irmáns Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
Por que o tripartito de Sanxenxo agradece a Telmo Martín a súa valentía?
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín propón facer un aparcadoiro soterrado "sen que custe un euro aos veciños" na finca dos Irmáns Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
O tripartito estuda medidas legais contra Telmo Martín pola sentenza da finca Rocafort
Por Redacción |
-
Telmo Martín ofrece unicamente a SAL un pacto de goberno en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
O PP considera unha "memez" pedirlle a Telmo Martín que dimita
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo chega ata o Tribunal Supremo para evitar pagar tres millóns á familia Rocafort por unha leira
Por Redacción |