Telmo Martín propón facer un aparcadoiro soterrado "sen que custe un euro aos veciños" na finca dos Irmáns Rocafort
Por Oskar Viéitez
O PP pide ao goberno tripartito que afronte a expropiación da leira dos Irmáns Rocfort, a zona verde da rúa das Cunchas, "sin que haya que coger ni un solo euro de los vecinos de Sanxenxo".
En rolda de prensa o portavoz popular Telmo Martín asegurou que "eso es lo que haría el Partido Popular si estuviera gobernando en estos momentos en el Concello" e para iso "haríamos lo mismo que ya hicimos en el puerto deportivo", isto é, un parque e debaixo locais públicos e un aparcadoiro subterráneo.
O parking ideado por Temo Martín tería capacidade para 200 prazas distribuídas en tres plantas. Delas unha parte destinaríase a residentes da zona e o resto para a súa explotación por horas.
En canto aos locais públicos o ex alcalde propón que sexan para o Club de Xubilados e a sede da Policía Local, "lo que nos permitiría ahorrar dinero".
Todo isto, que tería un custo aproximado de dous millóns e medio de euros, ao que hai que sumar o custo da expropiación que eleva a cifra ata os 5,5 millóns de euros.
"Tal y como hicimos en el puerto se pediría un crédito por esa cantidad", explicou Telmo Martín. Para que a operación sexa vantaxosa economicamente, o PP propón amortizala poñendo á venda 125 prazas de aparcadoiro a razón de 16.000 euros cada unha. Sería unha oferta só para os residentes. Iso xeraría uns ingresos de dous millóns de euros.
Ademais a explotación das 75 prazas restantes, nun período de 25 anos, cun cálculo de ingresos anules de 125.000 euros daría unha suma de tres millóns de euros.
"Es una operación muy sencilla, fácil de realizar y llevar a cabo", asegurou Telmo Martín.
Outra opción para esta zona verde pública é convertela nunha zona verde privada mediante unha modificación do Plan Xeral, pero os populares descártana xa que entenden que a súa idea do aparcadoiro é "más valiente" e "unha oportunidade" vantaxosa.
"Donde el gobierno tripartito ve un problema el Partido Popular ve una oportunidad sin que le cueste un euro a los vecinos de Sanxenxo", concluíu Telmo Martín.
Relacionadas:
-
Sanxenxo recorrerá diante do Supremo a sentenza que lle condena a pagar 9,9 millóns á familia Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
Condenan ao Concello de Sanxenxo a pagar máis de 7 millóns de euros por unha finca aos irmáns Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
Como vai a pagar Sanxenxo a sentenza dos irmáns Rocafort?
Por Redacción |
-
Por que o tripartito de Sanxenxo agradece a Telmo Martín a súa valentía?
Por Oskar Viéitez |
-
O tripartito estuda medidas legais contra Telmo Martín pola sentenza da finca Rocafort
Por Redacción |
-
Culpan a Telmo Martín do "encarecemento brutal" do valor da leira dos Irmáns Rocafort
Por Redacción |
-
O PP considera unha "memez" pedirlle a Telmo Martín que dimita
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo chega ata o Tribunal Supremo para evitar pagar tres millóns á familia Rocafort por unha leira
Por Redacción |