Os socialistas esixen á Xunta que asuma o cento por cento das axudas polos danos cas riadas
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto con alcaldes socialistas da provincia compareceu este mércores en rolda de prensa na sede do PSdeG-PSOE provincial para denunciar a "inactividade" da Xunta "ao non querer responder" ante os cuantiosos danos xerados polas crecidas dos ríos e as inundacións causadas polas choiva durante este inverno en paseos fluviais, infraestruturas vinculadas ao saneamento e camiños veciñais.
O alcalde de Caldas de Reis, José Manuel Rey, desvelou o contido dunha carta da Consellería de Medio Ambiente na que lle informan que a Xunta só "estaría disposta" a colaborar nun terzo das axudas, un financiamento que está supeditada a que tamén participen o Estado e a Deputación.
A presidenta da administración provincial rexeitou esta proposta de "copago" e esixiu ao goberno galego "que asuma o cento por cento" destas axudas xa que "son a súa responsabilidade".
Carmela Silva lembrou que a lei sinala que a limpeza e mantemento das canles dos ríos é unha "competencia exclusiva" da Xunta de Galicia, con todo, lamentou que Augas de Galicia "abandonou o coidado dos ríos" e non realiza as tarefas de mantemento polo que responsabilizou á administración autonómica destes danos.
En total foron 33 concellos da provincia os que reportaron á Xunta un informe con desfeitas ocasionadas polos temporais do inverno cuxa valoración ascendía a 4,5 millóns de euros, pero o pasado mes de abril a Xunta anunciou que só se van a atender a 14 deses municipios. Por este motivo os socialistas esixiron que se aclare cal é o criterio polo que se fai esta selección que cuestionan e consideran "inexplicable" e un "escándalo".
Este xoves as catro deputacións galegas están convocadas a unha reunión en Santiago de Compostela coa vicepresidencia da Xunta na que Pontevedra trasladará esta postura, segundo adiantou a súa presidenta Carmela Silva.
Relacionadas:
-
Medio Ambiente remata un plan de asolagamentos de Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Alcaldes do PSOE reclaman a Núñez Feijóo un plan de axudas para afrontar os danos das inundacións
Por Redacción |
-
A Deputación esixe á Xunta que asuma as súas competencias en materia de emerxencias e catástrofes
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Os socialistas reclaman á Valedora do Pobo pola discriminación da Consellería de Educación
Por Redacción |