A CIG denuncia prácticas abusivas das mutuas para que os traballadores pidan altas voluntarias
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Un grupo de delegados da CIG concentrouse ante a mutua Fremap situada na rúa San Pedro de Alcántara para manifestar alí a que entenden é unha práctica cada vez máis habitual neste tipo de empresas. Denuncian que desde as mutuas realízase presión aos traballadores para que soliciten a alta voluntaria.
Marcos Conde, secretario comarcal da CIG, sinalou que as mutuas buscan negocio e aprovéitanse de empresarios que queren aforrar diñeiro a través da concesión de altas por melloría nas que non se especifican as secuelas que leva a enfermidade, concesión de altas indebidas ou incremento de citacións para revisión coa intención de presionarlles.
Desde a central nacionalista cúlpase ao goberno desta situación ao cambiar a Lei de mutuas e aprobouse o Real Decreto de Incapacidade Temporal. Por este motivo piden a derrogación da Lei e que o servizo público sanitario interveña como único xestor das baixas laborais.
Conde relatou que a algúns traballadores aos que lles dan o alta teñen que seguir realizando rehabilitación e desde as mutuas se lle está a adaptar o horario de rehabilitación para que nunca coincida coas horas de traballo.
No sindicato nacionalista han detectado un incremento do número de denuncias por continxencias con reclamacións porque as mutuas non abonan gastos de desprazamento ou porque a traballadores que sofren un infarto trátaselles coma se sufrisen unha enfermidade común.
Desde a CIG convidan os traballadores que se vexan nesta situación para denunciar a través da inspección médica ou presentando unha demanda de continxencias.