O Colexio de Arquitectos tamén opinará sobre o PXOM de Pontevedra
Por Redacción
O presidente do Colexio de Arquitectos de Galicia, Manuel Abilleira, participará como convidado na próxima reunión da comisión para o estudo e impulso do PXOM, onde se lle pedirá a opinión desta asociación profesional respecto da situación actual da cidade e, sobre todo, respecto deste plan urbanístico.
Segundo lembra a presidenta desta comisión, María Rey, esta participación enmárcase na rolda de contactos con expertos e implicados que permitan avalar a postura da comisión respecto ao conflito existente con todos os sectores influentes da cidade.
A portavoz de Cidadáns entende que "é imprescindible escoitar aos profesionais para tomar a decisión adecuada respecto da inoperatividade que houbo ata agora". Neste sentido, considera que o Colexio de Arquitectos "é un órgano imprescindible á hora de falar de urbanismo, polo que debe ser escoitado e considerado", engadiu.
Cidadáns mantén que é "ineludible" sacar adiante o PXOM para poder definir o tipo de cidade "que queremos ser no futuro" e acabar coa inseguridade xurídica que existe a día de hoxe no municipio".
Relacionadas:
-
Os arquitectos denuncian o abuso de concursos restrinxidos e adxudicacións directas na obra pública
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os catro grupos da oposición pactan unha proposta para reactivar o PXOM e o BNG plántaos
Por Natalia Puga |
-
María Rey dá por finiquitada a comisión do PXOM
Por Redacción |
-
María Rey ve a Moreira "nervioso" por garantirse un oco na lista electoral do PP
Por Alejandro Espiño |
-
O PP propón que a comisión especial do PXOM se desprace a Santiago para resolver dúbidas con Urbanismo
Por Redacción |
-
A comisión do PXOM vólveselle en contra ao PP
Por Alejandro Espiño |