María Rey dá por finiquitada a comisión do PXOM
Por Redacción
Non haberá máis reunións da comisión de estudo e impulso do PXOM. Polo menos, co seu espírito actual. Así o confirmou a súa presidenta, María Rey, que deu por finiquitada esta comisión coa comparecencia do presidente da delegación de Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia, Manuel Abelleira. A partir de agora, explicou, elaborarase un informe coas conclusións deste traballo e iníciase a negociación política.
"Estou moi orgullosa do traballo realizado que nos serviu para desmontar lendas urbanas sobre o urbanismo de Pontevedra: si hai inseguridade xurídica, si están as parroquias abandonadas, o plan actual si está esgotado e hai 800.000 euros gastados nunha declaración de intencións", explicou a edil de Cidadáns.
Con esas conclusións, preténdese iniciar negociacións co grupo de goberno para sacar adiante a novo PXOM para Pontevedra e instou ao Concello e á Xunta a "poñerse de acordo" porque os intereses dos veciños "están por encima dos réditos políticos".
A esta conclusión chegouse tras a reunión que a comisión celebrou este mércores, na que os representantes dos arquitectos pontevedreses apostaron por iniciar de novo o proceso, aproveitando o traballo realizado, para adaptar o plan á nova lexislación.
Entende Manuel Abelleira que o PXOM é un documento "elemental e necesario" para todo o termo municipal, xa que a reforma urbana que está a realizar o grupo de goberno sen contar cun novo plan "é facer a casa polo tellado".
Relacionadas:
-
O PXOM, do novo nunha canella sen saída
Por Alejandro Espiño |
-
Os catro grupos da oposición pactan unha proposta para reactivar o PXOM e o BNG plántaos
Por Natalia Puga |
-
O Colexio de Arquitectos tamén opinará sobre o PXOM de Pontevedra
Por Redacción |
-
María Rey ve a Moreira "nervioso" por garantirse un oco na lista electoral do PP
Por Alejandro Espiño |
-
A comisión do PXOM vólveselle en contra ao PP
Por Alejandro Espiño |