O PP propón que a comisión especial do PXOM se desprace a Santiago para resolver dúbidas con Urbanismo
Por Redacción
O portavoz do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira, propón que os integrantes da subcomisión creada na Comisión de Urbanismo para impulsar a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) se despracen ata Santiago de Compostela para reunirse coa secretaria xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas, e trasladarlle dúbidas sobre o documento.
Esta proposta chega unha semana despois de que Rivas rexeitase asistir á subcomisión e enviase unha carta.
"Si a día de hoy, 16 años después, no tenemos un Plan General porque la secretaria xeral de Urbanismo no ha venido a Pontevedra, arreglamos, vamos a Santiago, pago yo el autobús", indicou Moreira, visiblemente molesto coas críticas realizadas pola ausencia de Encarnación Rivas na comisión. Aínda que recoñece que descoñece se a secretaria xeral de Urbanismo recibirá á delegación pontevedresa, comprométese a xestionar a reunión.
Para esa futurible reunión, iso si, considera que "tendremos que llevar un documento de Plan General en la mano" e non desprazarse "a hacer una pasantía y tomar un té", dúas actividades ás que el considera que se reduciu a actividade da comisión especial, na que, na súa opinión, algúns "vienen a aprender", en alusión á concelleira de Ciudadanos, María Rey, e outros "para boicotear", en alusión ao grupo do BNG.
Moreira declarouse "perplejo" ante a traxectoria da comisión, pois "han pasado varios meses y ¿cuál es el balance de la comisión? Cero". Na súa opinión, a única solución para avanzar na tramitación do plan é a mesma que el mesmo propuxo no mes de novembro, que se contrate a unha empresa asesora externa para que redacte un documento basee sobre o que traballar e, a partir de aí, facer cambios e ir avanzando no PXOM final de Pontevevedra.
A pesar desa proposta, "en los ultimos meses no se ha avanzado nada en la comisión". Non quixo poñer nomes a quen son os culpables dese estancamento porque "esto no es un careo para saber cuál es el culpable", pero si apunta directamente a que Ciudadanos se detén demasiado en "filosofar" e o BNG en "buscar excusas" mentres que "no se ha centrado cuál es la función de la comisión".
Relacionadas:
-
Os catro grupos da oposición pactan unha proposta para reactivar o PXOM e o BNG plántaos
Por Natalia Puga |
-
O Colexio de Arquitectos tamén opinará sobre o PXOM de Pontevedra
Por Redacción |
-
María Rey ve a Moreira "nervioso" por garantirse un oco na lista electoral do PP
Por Alejandro Espiño |
-
A comisión do PXOM vólveselle en contra ao PP
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG estuda deixar de asistir á subcomisión do PXOM se segue sen avances
Por Natalia Puga |
-
A oposición solicita un informe aos técnicos municipais sobre o PXOM e o BNG négase a pedilo
Por Alejandro Espiño |
-
Consultora Galega estima que o PXOM quedaría listo por 200.000 euros máis
Por Redacción |
-
O PP chama a toda a oposición a un novo intento de "falar en serio do PXOM"
Por Redacción |