A Xunta pide aos concellos da comarca que propoñan itinerarios para construir novas sendas peonís
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda remitiu esta semana escritos aos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Lama, Barro, Cotobade, Vilaboa, Ponte Caldelas, Poio, Marín e Bueu, solicitando que envíen información á Xunta sobre os itinerarios que consideran que se deben executar ao abeiro da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia.
A Xunta, co cofinanciamento da Unión Europea, prevé a construción de 170 novos quilómetros de sendas peonís e ciclistas seguras, sustentables e integradas na paisaxe nas estradas de titularidade autonómica, para facilitar que os veciños das vilas realicen os percorridos cotiáns a equipamentos e servizos sen usar o coche pero en condicións seguras.
O goberno galego quere que a execución destas sendas responda ás necesidades reais dos cidadáns por iso solicita a través das cartas enviadas esta semana que os nove concellos trasladen as actuacións que consideran de maior interese ou necesidade.
Relacionadas:
-
Empezan as obras da senda peonil e ciclista que conecta Soutullo e A Lanzada
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pide á Xunta que habilite tres novas sendas peonís
Por Redacción |
-
Marín solicita á Xunta a creación de sendas peonís en Seixo, Lapamán e Pardavila
Por Redacción |
-
Poio propón á Xunta a creación de tres sendas para peóns e ciclistas
Por Redacción |