Marín solicita á Xunta a creación de sendas peonís en Seixo, Lapamán e Pardavila
Por Redacción
O Concello de Marín remitiu xa á Xunta de Galicia as súas propostas para habilitar sendas peonís nas estradas de titularidade autonómica, seguindo a petición formulada pola Consellería de Infraestruturas.
Así, o goberno municipal centra as súas prioridades en dúas estradas, a PO-551 e a PO-313, para lograr unha mellor conexión peonil e ciclista entre os distintos núcleos de poboación.
Na PO-551, despois da senda de Bagüín, o Concello quere continuala ata a parroquia de Seixo, para enlazar coas beirarrúas existentes. O tramo máis demandado é o que vai desde Vilaseca a Lapamán, quedando pendente outra actuación desde os Caños de Moledo ata a rotonda de saída da Variante de Marín.
Pola súa banda, na PO-313 solicítase unha senda desde Coirados ata Pardavila, quedando para unha segunda fase desde Pardavila ata a subida a Castiñeiras á altura de Cadro.
O goberno entende que estas propostas mellorarían a seguridade viaria do municipio, ao poder utilizar estas sendas para desplazamentos a pé ou en bici, "unha aposta de futuro que queremos plantexar desde o concello de Marín".
Relacionadas:
-
Publican as expropiacións para facer da senda peonil entre Vilaseca e Lapamán
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta somete a información pública o proxecto da senda entre Coirados e Pardavila, na estrada PO-313
Por Redacción |
-
Impulso á senda peonil entre Vilaseca e Lapamán
Por Diego Espiño |
-
Marea de Marín pide á Xunta melloras de seguridade viaria en Pardavila
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta investirá tres millóns de euros en 16 novas sendas na comarca de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Empezan as obras da senda peonil e ciclista que conecta Soutullo e A Lanzada
Por Redacción |
-
Pontevedra pide á Xunta unha senda ciclista na estrada vella a Marín
Por Alejandro Espiño |
-
Dúas sendas na PO-308, Covelo- Raxó e Portonovo-A Lanzada, incluídas no plan da Xunta
Por Redacción |
-
A Xunta pide aos concellos da comarca que propoñan itinerarios para construir novas sendas peonís
Por Redacción |