Queda baleira a cuarta poxa polo edificio da Cámara Agraria
Por Redacción
Ninguén se interesou na poxa da antiga Cámara Agraria. Baleira estaba a sala de conferencias do Edificio Administrativo de Pontevedra, na rúa Fernández Ladreda.
O emblemático edificio na praza do Teucro, volveu quedar sen adxudicatario por cuarta ocasión consecutiva.
Segundo informaron desde a Consellería de Facenda, previsiblemente o mes que vén celebrarase unha nova poxa baixando o prezo de licitación un 15% ata alcanzar un prezo de saída de 593.170,99 euros.
O inmoble ocupa preto de 500 metros cadrados, 496 segundo o Catastro que están repartidos entre un semisótano, a primeira planta e un baixo que ten un contrato vixente de aluguer que se manterá ata a súa finalización.
Relacionadas:
-
A Cámara Agraria, vendida por 620.000 euros
Por Redacción |
-
A antiga Cámara Agraria, agora por 704.000 euros
Por Redacción |
-
Mulleres de Marín pide acondicionar a Cámara Agraria para cursos de cociña
Por Redacción |
-
Ninguén quere unha casa na praza do Teucro?
Por Redacción |
-
Ten cartos aforrados? Esta semana sae de novo a poxa o edificio da antiga Cámara Agraria
Por Redacción |
-
A antiga Cámara Agraria, de novo a poxa dous anos e medio despois do primeiro intento
Por Redacción |